Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crean unhas lentes de contacto biónicas capaces de mellorar ata tres veces a visión do ollo humano
Xeran unha especie "supervisión" que ofrece a capacidade de ver con total claridade a calquera distancia e prevén as cataratas, mellorando ata tres veces a visión estándar do ollo humano.

Ocumetics Technology creou unhas lentes de contacto biónicas que non só mellorarán a visión daquelas persoas que necesitan lentes, senón que a perfeccionarán por encima das posibilidades da visión humana.

Estas lentes de contacto biónicas están deseñadas para corrixir insuficiencias e problemas da visión e para mellorala máis aló do estándar 20/20, dotando a quen a leva posta dunha especie de 'supervisión', ata tres superior ao normal no ollo humano.

Ou o que é o mesmo, ver con total claridade a calquera distancia. Trátase dun pequeno dispositivo que se introduce na lente natural do ollo mediante unha solución salina nun proceso que non require cirurxía e que dura uns oito minutos. A lente biónica acompaña o movemento natural do ollo.

Segundo explicou o seu creador, o doutor Garth Webb, a lente de contacto ten outro efecto beneficioso, xa que protexe da formación de cataratas no futuro. Esta lente de contacto que outorga supervisión é polo momento unha patente, que se presentou nunha conferencia sobre cataratas e cirurxía refractiva. O seu desenvolvemento custou ata agora uns tres millóns de dólares, e continúa coas probas en pacientes.

Raquel Vázquez Reza, 1º Bach.
Lentes biónicas
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 21-10-2016 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal