Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O fenómeno do iogur de licor café.

A identificación do padal galaico co licor café vai máis aló de calquera campaña publicitaria. O que está ocorrendo co iogur de Larsa basta para demostralo. Unha boa idea, a irrupción do cómico Carlos Blanco, que o martes colgaba no seu Facebook unha foto do longo percorrido e desembarco da nova na web, contribuiu a converter o último lanzamento de Larsa en todo un fenómeno. Polo que respecta a Vilagarcía, berce da súa invención, o iogur de licor café esgotouse dúas veces en apenas catro días. Tendo en conta que a capital arousá está lonxe de ser o único lugar onde os andeis de lácteos están sendo varridos, parece claro que esta sobremesa vén para quedarse.

Fontes da factoría ubicada nos Martices sinalan que a primeira remesa, coa que Larsa pretendía sondear ao seu público potencial, estaba composta por vinte e sete mil unidades. Foron distribuidas o luns a supermercados de Gadisa e Vegals-Eroski en toda Galiza. O martes pasou o que pasou. A maioría dos que se despreguizaron o xoves, unha vez superado o festivo, coa intención de probar o iogur de licor café quedaron co mel nos beizos. As últimas sobremesas desapareceron ben cedo en Vilagarcía. Ás dez era imosible mercar o iogur na cidade. En Cabados quedaban catro, e en Ourense foi imposible probalos porque xa estaban esgotados.






Candela Fernández del Pon, 1ºBach.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2016 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Con cada novo artigo, aínda moitas cousas intere#blgtk08#santes para descubrir e, normalmente, practicar
Comentario por voyance par mail (19-10-2016 12:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal