Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Dolores Redondo, gañadora do premio Planeta.
A escritora Dolores Redondo gañou este sábado o Premio Planeta de Novela 2016, dotado con 601.000 euros, coa intriga policíaca 'Todo esto te daré' na que presenta unha historia de misterio protagonizada por un afamado escritor e unha saga familiar, un premio que foi elexido entre 552 orixinais, nunha edición que logrou participación récord.
Tras anuncialo na tradicional cena literaria que se celebra no Palau de Congressos de Catalunya coa presencia dun millar de invitados, entre eles os reis, e o presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, a ganadora celebrou o premio.

"É unha novela sobre a cobiza e os que se alían en torno a ela, en buscar a verdade e contra a inmunidad, sobre o amor e os secretos na confianza da parella", dixo, aínda que sobre todo é unha novela sobre a amizade entre homes adultos que se coñecen e son capaces de superar prexuizos e trabas.

A cobiza é o hilo conductor da novela, na que un home chega a Lugo para identificar o cadáver do seu marido, que acaba de morrer nin accidente de tráfico a a investigación policial péchase con rapidez, e el sospeita que se trata dun asasinato.

A investigación da súa morte arroxa secretos pouco a pouco destapados, nunha novela que trascurre nun escenario nada casual para a escritora, a Ribeira Sacra Galega, un lugar irrepetible no mundo.

A autora presentou a novela a concurso baixo o seudónimo Jim Hawkins co título 'Sol de Tebas', e na novela, un suposto accidente de tráfico leva a un afamado escritor a descubrir a doble vida de Álvaro Muñiz de Dávila, e a aflorar, xunto con un garda civil retirado e un cura amigo do finado, os máis oscuros secretos dunha familia.

Según explicou na roda de prensa previa ao premio, o membro do xurado Juan Eslava Galán, esta novela está escrita ao estilo da británica Agatha Christie e retrata unha España que sobrevive á modernidade.

Dolores Redondo (Donostia-San Sebastián, 1969) escribe desde os 14 anos e é a autora da Trilocía do Baztán, o fenómeno literario en castelán máis importante dos últimos anos; as tres entregas de esta triloxía, 'El guardián invisible', 'Legado en los huesos' e 'Ofrenda a la tormenta', superaron con creces o medio millón de lectores fieis.





Carlos Sánchez Cao, 1ºBach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 20:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal