Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os riscos do exceso de deberes nos nenos.
A elevada carga de deberes aos que moitos escolares españois enfróntanse, e que ultimamente está a ser cuestionada desde distintos sectores sociais, pode provocar diversos problemas psicolóxicos aos menores como, por exemplo, ansiedade, tristeza ou falta de autoestima.

Así o asegurou a doutora e autora do libro 'O medicamento emocional', Marisa Navarro, quen avisou de que mandar excesivos deberes aos nenos pode aumentar as posibilidades dun fracaso escolar e, mesmo, de padecer depresión ou de consumir sustancias ilegais.

"Someter a tanta presión aos nenos failles máis proclives a padecer ansiedade, e a estar tristes e angustiados, dando por feito que estar esgotado é normal, e converténdolles despois en adultos cos mesmos trastornos. Ademais, aprenden que é normal renderse antes de tempo."

Outro dos problemas que pode carrexar mandar demasiados deberes, é que os nenos fagan as cousas rápido sen pensar se están ben ou mal. "Sobrecargar de deberes, para os que non se ten tempo provoca que no canto de que o neno senta tranquilo e aprenda a decidir cal é a mellor solución a un problema, o que lle será de gran axuda para enfrontar o seu futuro, opte como mellor opción para acabar cos seus quefaceres, por 'escurrir o vulto' dunha maneira rápida sen pensar se a solución está ben ou mal", explicou a doutora.




Laura Feijoó González, 1ºBach.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2016 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Excelente artigo, como de costume. Un g#blgtk08#ran grazas por todo o que compartimos.
Comentario por voyance gratuite (19-10-2016 12:13)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal