Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lina aleita ao seu "milagre".
Unha médico lucense de 62 anos reivindica a maternidade tardía: "A natureza deixa á muller sen óvulos, pero o corpo segue preparado para o embarazo"

Lina aleita a Lina. E ao redor faise a paz. Apenas necesitou axudarse ao principio co sacaleches. Os seus peitos empezaron a dar de si como fai tantos e tantos anos poderían facelo. E o bebé enseguida tomou a substitución da máquina. A nena "sabe chupar" e "na lactación materna, o único estímulo necesario é a succión", comenta. Esta muller de 62 anos, médico de urxencias no municipio lucense de Palas de Rei, deu a luz o martes pasado, cunha cesárea programada para as 10 da mañá, unha cría sa de 3.375 gramos. O mércores festivo, aínda coa sonda e as vías postas, levantouse e empezou a atender á súa nena desexada, cargada de enerxía e disposta a marchar a casa ao día seguinte se lle daban o alta. O xoves, os médicos que pasaban consulta decidiron sacarlle as ataduras pero aínda tivo que quedar no hospital. E Lina estaba pletórica, atendendo orgullosa o reguero de chamadas das teles, as radios e a prensa, aguantando sen queixa a dor do abdome cortado. "Estou tola de alegría co meu milagriño: é unha nena moi boa", dicía a todos. "A natureza deixa á muller sen óvulos, pero o resto do corpo segue preparado para o embarazo". Despois de que outros se negasen, un médico de Madrid cuxa identidade garda en segredo implantoulle un embrión alleo e funcionou á primeira. Custoulle 3.000 euros e só viaxou á capital unha vez. A "sorte" veulle "toda xunta", como "recompensa" a unha vida de loita e sufrimento.


Sara Fernández Fernández, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal