Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Seis poetas europeos participarán nun intercambio literario en San Simón dirixido por Yolanda Castaño.
Neste taller internacional de tradución poética participarán a galega Dores Tembrás, a tamén galega Miriam Reyes -poeta en castelán-, o crotata Damir Sodan, a búlgara Tsvetanka Elenkova, o estoniano Igor Kotjuh e o ucraíno Ostap Slyvynsky.

Así, os participantes traducirán ás súas respectivas linguas de orixe os versos dos seus compañeiros, nun encontro no que compartirán experiencias e puntos de vistas.

Esta iniciativa chega á súa quinta edición e conta co apoio da Consellería de Cultura, Deputación de Pontevedra e Concello de Redondela.

Ao respecto, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliñou a "solidez" desta iniciativa, que conta cunha "boa resposta ano tras ano".


Selena González Rodríguez, 2ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal