Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os tempos do Nobel están a cambiar.
«Felicitacións para un dos meus poetas favoritos». Así recibiu Obama na súa conta persoal de Twitter a sorprendente noticia -por inesperada, nunca por que o premio sexa inmerecido- da concesión do Nobel de Literatura a Robert Allen Zimmerman -universalmente coñecido como Bob Dylan.

Esta sinxela idea debería resolver calquera polémica que poña en dúbida si se está ante un escritor ou unicamente ante un músico que escribe. Será talvez que os tempos do Nobel están a cambiar. E é que son as letras de Dylan as que sosteñen unha carreira de máis de cincuenta anos sobre os escenarios e decenas de discos irrepetibles. A clave non está nunha magnífica voz nin nuns arranxos xeniais: é o seu don da palabra. El víase poeta, desde os seus primeiros pasos como creador. Que adoptase o nome artístico de Dylan tras ler ao bardo galés Dylan Thomas fala alto das súas motivacións.

É a palabra, por suposto, pero tamén o modo de revolución tranquila en que transformou a historia da música popular, en que fundiu folclore con pop e rock, electrificado o blues, e aberto a mirada sobre a poesía. Non en balde o galardón do Nobel, argumenta a Academia Sueca, chégalle por ter creado «un novo modo de expresión poética integrada na gran tradición da canción americana». Fai menos de dez anos (no 2007) xa se lle outorgou o Príncipe de Asturias das Artes en canto mito vivente na historia da música popular e faro dunha xeración que tivo o soño de cambiar o mundo».


Lucía Vázquez Nóvoa, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal