Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un galego viste á irmá de Beyoncé.
Unha cousa así non pasa todos os días, e menos se só tes 24 anos. Por iso o coruñés Jacobo Salvador aínda o conta coa extrañeza de quen se viu sorprendido pola repercusión da noticia: acaba de vestir a Solange Konwles, a irmá de Beyoncé, no seu último videoclip que xa é número uno en Estados Unidos. Desde alí, en Los Ángeles , Jacobo responde a YES, onde está vivindo este éxito. Un éxito que, por outra banda, non é novo, porque el e a súa parella, María Rosenfeldt, destacaron dende os seus inicios, cando recentemente debutados no EGO da Madrid Fashion Week, a súa marca foi aplaudida. De aí lanzáronse a Internet e colocaron as súas coleccións en distintos puntos de venda, tanto en México como en Estados Unidos, onde agora están traballando. Precisamente foi a través de Internet como chegaron á celebrity americana. «Son esas cousas do azar -conta Jacobo-, subimos a Instagram só unha parte da peza, en tons malva, e ao minuto o seu estilista contactou connosco o 14 de agosto. E a súa frase soou a ultimátum: “En 24 horas quero a peza en Nova Orleáns” ».

Jacobo, de todas as maneiras, aínda di que ten os «pelos de punta». Non porque o traxe, que custa 950 euros na rúa, non se pagara, senón porque cando o viu no vídeo, tan só un mes despois de envialo, non o cría. Nin el nin María tiveron apenas información, pero ao ver a posta en escena do hit Cranes in The Sky entenderon por que escolleran ese vestido. «Solange sae todo o tempo con roupa nesa gama cromática, do rosa ao lila, e o noso deseño íalle perfecto», apunta Jacobo. A irmá de Beyoncé tivo o detalle de enviarlles un correo dándolles as grazas, no que explicaba o moito que lle gustou o vestido e o ben que lle encaixaba. «Nós sabiamos que os seus estilistas seguían o noso traballo, e como a coñecemos de vela nas súas actuacións, a ollo enviámoslle unha talla 38 e acertamos».


Cristina Rey Pérez, 2ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal