Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A OMS partidaria de un imposto especial aos refrescos
Durante as ultimas semanas uns estudos puxeron de manifesto que a industria alimentaria leva anos intentando ocultar o perigo do consumo excesivo de azucre; fai uns días saía a luz que dous xigantes dos refrescos, Coca Cola e Pepsi, pagaron para ocultar os seus vínculos coa obesidade en Estados Unidos. A comunidade científica sabe dende fai anos os perigos do consumo excesivo mentres que o consumidor non dispón de toda a información, polo que a OMS realizou unha petición aos gobernos para por un imposto especial aos refrescos para reducir o seu consumo, xa que unha dieta moi abundante en azucre pode provocar caries, aumentar os niveis de triglicéridos ou desenrolar enfermidades do corazón. Multinacionais como Coca Cola gastan uns 6 millóns de euros no seu “ lavado de imaxe” cada ano. No mundo morren unhas 180.000 persoas cada ano por enfermidades relacionadas coa obesidade, 1 de cada 100 mortes relacionadas coa obesidade é causada polo consumo de refrescos; no top 10 de nacións que consumen refrescos está México no número un con 163 litros por persoa ó ano o que é unha barbaridade por sorte para nós España non está nese top 10, pero aínda así hai que vixiar o noso consumo.

Juan Vázquez Viso, 1º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 19:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal