Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova especie de planta
A nova especie foi bautizada como 'Gastrodia kuroshimensis', unha planta que non necesitan facer a fotosíntesis, xa que se nutre dos fungos que parasita, que non florece e que se autofecunda porque permanece pechada.

Descobren unha nova especie de plantas na illa xaponesa de Kuroshima, á que bautizaron como 'Gastrodia kuroshimensis'. Pertence a un curioso grupo de pequenas plantas que non necesitan facer a fotosíntesis porque é á vez micoheterótrofa, xa que se nutre dos fungos que parasita, e cleistógama, debido a que non florece e se autofecunda porque permanece pechada.

Kenji Suetsugu, un profesor da Universidade de Kobe en Xapón, estaba a se documentar sobre as plantas micorrizadas en Kuroshima cando se atopou con aproximadamente 100 suxeitos dunha especie anteriormente descoñecida, a 'Gastrodia kuroshimensis'. Despois de levar a cabo unha exhaustiva análise dunha das mostras, Suetsugu concluíu que se trataba dunha nova especie.

Segundo detalla a revista The Science Explorer, as características extremadamente raras desta nova planta poden axudar a "compensar a limitación de polinizadores debido á súa falta de néctar", escribe Suetsugu.

O descubrimento dunha nova planta en Xapón é un feito pouco habitual, xa que a flora da rexión xa foi amplamente estudada. E o feito de que G. kuroshimensis sexa unha planta que carece da necesidade de facer a fotosíntesis e que produce flores que nunca florecen, fai que este descubrimento sexa aínda máis extraordinario.

Raquel Vázquez Reza, 1° BACH.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-10-2016 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal