Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Preto de 250.000 persoas accederon ao Monumento natural das Catedrais no verán de 2016, un 25% máis que en 2015.
Un total de 247.770 persoas accederon entre os meses de xullo, agosto e setembro ao Monumento Natural da Praia das Catedrais. A directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz López, deu a coñecer os datos do balance de visitantes á praia das Catedrais, que neste ano incrementouse nun 25% respecto dos datos rexistrados no mesmo período de 2015.
Completouse o aforo nun total de 29 días, tres no mes de xullo e 26 no mes de agosto; fronte aos cinco días rexistrados en 2015.
A maioría veñen doutras Comunidades Autónomas, principalmente de Madrid, Barcelona, Valencia, Asturias, Sevilla, León e Biscaia; tendo en conta a información que facilitan ao solicitar a súa autorización a través da páxina web. Tamén indicou que o número de visitantes estranxeiros incrementouse ata case os 8 puntos no cómputo global con respecto ao ano 2015, cando se rexistraron 7.184 fronte aos 18.356 deste ano, é dicir, duplicouse o número de visitantes estranxeiros.
Este verán, ao igual que en 2015, se mantivo a actividade de visitas guiadas gratuítas polo monumento natural. Estas visitas están guiadas por persoas tituladas, e no transcurso das cales se facilita información e se divulgan os valores ambientais do espazo natural.
Estas visitas organizábanse en dous grupos de 25 persoas cada un, cunha duración aproximada de media hora, durante a baixamar diúrna, aproximadamente dúas horas antes e dúas horas despois do momento da baixamar.
En total, 15.644 persoas participaron nas visitas guiadas, sendo o mes de agosto o período no que se rexistrou un maior número de de visitas.
Á vista dos datos rexistrados na tempada de 2016, pódese reafirmar- sinalou a directora xeral- que o sistema de regulación de accesos posto en marcha o 1 de xullo, responde o obxectivo de conservar o espazo protexido ordenando o acceso, dado o importante impacto que estaba a supoñer unha afluencia masiva de visitantes de forma desordenada e moi concentrada no tempo.
Cómpre lembrar que o sistema de acceso previsto consiste simplemente na obtención dunha autorización gratuíta, que pode descargarse a través da aplicación web https://ascatedrais.xunta.es, e que ademais lle dá cumprida información do horario das mareas para cada día (recoméndase visitar o monumento desde dúas horas antes da marea baixa e ata dúas horas despois), como o número de autorizacións dispoñibles para cada día.
O sistema de regulación de acceso coa cota límite de 4.812 visitantes rematou o 30 de setembro.



Lucía Alvarellos Garea 4ºB ESO
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal