Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A MATER 62 ANOSNIDADE AOS
Lina Álvarez é unha doutora de Lugo que foi nai aos 62 anos mediante unha cesárea programada á que foi sometida o luns no Hospital Lucus Augusti de Lugo. A recentemente nada, que se chamará como a súa nai e a súa avoa, é a terceira dos seus fillos: o maior sofre parálise cerebral e ten 27 anos. O segundo ten 10, xestado por fecundación asistida.
A pequena pesou algo máis de 3 kg e ademais de biberóns toma o peito.
O embarazo transcorreu con total normalidade e coa ilusión de ser nai por terceira vez dúas décadas despois da menopausa.
A paciente atenderá á prensa cando se repoña da cirurxía á que foi sometida.
O caso tivo moita repercusión pero ela simplemente afirma que é “un milagre”. Con todo, os especialistas en reprodución asistida desaconséllano porque un embarazo destas características supón importantes riscos tanto para a nai como para o bebé. Non se estableceron límites de idade, pero en España hai un consenso entre os profesionais de non realizar tratamento máis aló dos 50 anos.
Alba Losada 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal