Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Detido pirata informático en España
A piratería informática normalmente consiste en empregar de xeito ilegal programas informáticos que contan con dereitos reservados e dereitos de autor.

En España, concretamente en Valencia, a policía detivo un pirata informático que de xeito ilegal puxo a disposición de calquer usuario de Internet máis de once mil libros. O dano provocado a escritores e editores superou os catrocentos mil euros.

O pirata informático empregaba os seus coñecementos informáticos para acceder ás páxinas oficiais das editoriais, e dende o ordenador da súa casa, descargaba os libros e ofrecía os contidos a precios moi inferiores aos das editoriais, obtendo grandes beneficios , xa que se adicaba a esta actividade ilegal, obtendo cada día novos libros e coleccións. Para vender os productos obtidos ilícitamente, e despistar aos investigadores, chegou a empregar catrocentas páxinas web diferentes, onde compartir todo o material que roubaba.
Como Internet é relativamente recente, estes delitos son moi difíciles de combatir polas autoridades, xa que teñen que adaptar constantemente as leis para poder estabrecer castigos adecuados a cada novo delito.

Sofia Cougil 4B
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal