Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

UN MONSTRO VÉN VERME
"Un monstruo viene a verme”, Monster's call arrasa en España.

A película de Juan Antonio Bayona, director de Lo Imposible e O Orfanato , cuxa estrea foi o 7 de Outubro de 2016, xa supera o medio millón de espectadores nunha semana.
Xa leva case 4 millóns de euros recadados, entrando nos cinemas como número 1 e sendo una das mellores estreas españolas do ano. A maioría dos seus espectadores sae dos cinemas chorando e sempre recomendando a película.

Está baseado no libro: “Un monstruo viene a verme” de Patrick Ness, un libro que xa recadou varios premios.

Esta película puido contar cunha repartición de luxo. Sigourney Weaver fai de avoa de Conor e recibiu o premio Donostia 2016 en recoñecemento á súa carreira. Segundo Bayona, á actriz non lle importou ter un papel secundario. Lewis MacDougall, que fai de Conor, Liam Neeson, que pon voz ao monstro, e Felicity Jones, que fai de nai, forman parte desta repartición internacional.

Resumo: Conor O´Malley (Lewis MacDougall) é un mozo que aos seus 13 anos tivo que asumir moitas responsabilidades. Tras a separación dos seus pais e a grave enfermidade que padece a súa nai (Felicity Jones), viuse obrigado a tomar as rendas do seu fogar. Ademais, debido ao acoso escolar que sofre no colexio, creou un mundo de fantasía infestado de fadas, trasgos e demais criaturas marabillosas, que lle permite escapar da súa rutina e superar os seus medos. Porque mesmo no seu propio ambiente familiar, a súa inventiva ten que enfrontarse mesmo coa visión da súa fría e calculadora avoa (Sigourney Weaver). A través da xanela da súa habitación, o mozo pode divisar un tezo, unha vella árbore que leva en pé miles de anos. Uns minutos despois da medianoite, Conor esperta e atópase cun monstro (Liam Neeson) a través do cristal. Pero non se trata da aterradora criatura que el esperaba, a que aparece no pesadelo que ten case todas as noites desde que a súa nai empezou o duro e inacabable tratamento contra o cancro. Non, este monstro é moi diferente, e quere o máis perigoso de todo: a verdade. Poderá esta incrible árbore que cobrou vida na súa imaxinación axudarlle a superar os seus problemas?

Sara Belloso 4ºESO B.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal