Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha intrigante sinal de radio desconcerta ós científicos
Un intrigante sinal de radio extraterrestre desconcerta aos científicos

Un equipo de investigadores atopáronse con algo completamente enigmático; trátase dun sinal de radio que procede dunha distancia de 95 anos luz, concretamente da estrela HD164595; segundo crese, podería ser emitida por unha civilización de extraterrestres que pretendían porse en contacto con outras formas de vida.







Para detectar este sinal, tívose que utilizar o radiotelescopio Ratan-600 de Rusia. Con todo, este sinal detectouse fai máis dun ano, concretamente o 15 de maio do 2015, e o máis intrigante é que non soubemos nada ata agora.
Trátase dun sinal que ten unha lonxitude de onda de 2,7 centímetros e, segundo crese, considérase demasiado extrema para que poida ter unha orixe natural.
Aínda non se chegou a ningún tipo de conclusión, pero está a facerse todo o imposible para chegar á súa orixe.
Preto da estrela existe un planeta, HD164595b, que pesa 16 veces máis que a masa do noso Planeta. Con todo, non está preto dunha zona de habitabilidade, polo que se descarta que o sinal chegue de alí.

Ester Barreira Cartelle. 4ºESO.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 16-10-2016 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal