Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nature Neuroscience sacou á luz un estudo que comproba os cambios cerebrais que se producen ao tomar chocolate.
A través de imaxes realizadas con resonancia magnética desvelouse que o xiro dentado (zona do cerebro dedicada á memoria) recibía maior aporte sanguíneo, máis nutrientes e máis actividade metabólica, axudando á memorización ao inxerir este alimento.
O grupo de científicos ofreceu unha bebida de chocolate a 37 voluntarios sans entre 50-69 anos (idade na que comeza a perda de memoria).
De forma aleatoria, a metade inxeriu un preparado rico en flavonoides (o principal ingrediente do chocolate) de 900 miligramos, e o resto tomou outro, con menor contido desta sustancia (10 miligramos) día tras día durante un periodo de 3 meses.
Ao rematar os tres meses os que inxeriron a bebida rica en flavoloides demostraron que as súas capacidades de memoria eran máis propias dos 30 e 40 anos de idade.

Raquel Vázquez Reza (1º de Bacharelato).
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-10-2016 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal