Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un estudo de Michigan demostra que a meditación pode acougar a «tormenta» das emocións.
Tanto as persoas afeitas a facelo como as que non poden mellorar a súa saúde emocional a través desta práctica, segundo un estudo
A meditación adoita usarse para baleirar a cabeza de pensamentos e para aumentar a sensación de benestar da persoa. Ata agora o que se demostrou sobre os seus posibles beneficios é que é capaz de aliviar a dor, e de que inicia unha serie de cambios cerebrais beneficiosos.
Un recente estudo da Universidade de Michigan engadiu un posible beneficio da meditación. Nun artigo publicado na revista «Frontiers in Human Neuroscience» os investigadores conclúen que a meditación axudan a manter baixo control as emocións, mesmo cando unha persoa non está afeita facelo.
«Os nosos achados non só demostran que a meditación mellora a saúde emocional, senón tamén que as persoas poden beneficiarse dela sen importar se teñen ou non unha habilidade "natural" para ser conscientes», explicou nun comunicado Yanli Lin, principal investigador do estudo. «Só fai falta un pouco de práctica», engadiu.
Incluso aquelas persoas máis inestables, poden beneficiarse da meditación se lle poñen un pouco empeño. Este é o motivo que explicaría por que os participantes no estudo que meditaban de forma frecuente ou esporádica recibían os mesmo beneficios sobre o control das súas emocións grazas a esta práctica.
Para chegar a estas conclusións, os investigadores fixeron un estudo en 68 participantes para probar os beneficios das técnicas de meditación. A cada un fíxoselles meditar cunha gravación de 18 minutos, ou ben no seu lugar púxoselles unha gravación control que consistía nunha presentación sobre como aprender un novo idioma. Xusto despois, os científicosregistraron a actividade cerebral dos participantes ao mesmo tempo que vían imaxes negativas, como foron fotografías de corpos ensanguentados.
Ademais de demostrar que meditar é beneficioso para controlar as emocións, tanto se se está afeito coma se non, os estudos tamén mostraron que o control das emocións non se pode forzar, é dicir, que non se obteñen maiores beneficios por obrigarse a estar tranquilo. Segundo estes científicos, a vía que si funciona é a de meditar preto de 20 minutos.

Anxela Pérez Fernández (1° de Bacharelato).

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-10-2016 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal