Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Joan Miró xa ten casa en Oporto
A Fundación Serralves de Oporto exhibe por primeira vez ao público a valiosa colección de 85 obras, xa propiedade do Estado luso, que queda definitivamente nesta cidade.
Final feliz para os amantes da arte. A colección de 85 obras de Joan Miró, propiedade do Estado portugués desde que o banco BPN (Banco Português de Negócios) foi nacionalizado, pódense ver na Fundación Serralves do Porto. Pero é que, ademais, o Goberno luso decidiu esta semana que as pezas quedarán de forma definitiva nesta cidade, na que se exhiben por primeira vez ao público. Joan Miró: materialidad e metamorfose abarca un período de case seis decenios na vida artística do creador catalán, de 1924 a 1981. Comisariado por Robert Lubar Messeri, destacado especialista mundial da obra de Mirou, o proxecto expositivo foi realizado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira. Ambos acudiron onte á presentación da mostra, xunto a Suzanne Cotter, directora do Museo de Serralves; Ana Pinho, responsable da fundación; e Ignasi Mirou, director da área cultural da Caixa, que patrocina a mostra, e quen, a pesar do seu apelido, non ten vinculación algunha co artista aínda que si lembrou os lazos que atan ao banco co creador, xa que lles regalou en 1979 o deseño da estrela do seu logotipo.

Antía Ramos Gallego, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-10-2016 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal