Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ourense, protagonista na segunda sesión de Termatalia
Ourense foi a gran protagonista da segunda xornada de Termatalia en México. A cidade e a provincia: os seus recursos termais, as políticas de promoción do termalismo, as estratexias aplicadas desde diferentes institucións e as liñas de investigación que se desenvolven desde o Campus da auga. Conferencias técnicas e presentacións deron a Ourense unha relevancia e un liderado internacional aquí en México que resultaría incrible na propia cidade. Científicos, políticos, empresarios do sector turístico e termal, conforman un público moi interesado en coñecer a maneira de aplicar nos seus respectivos países, nalgúns -como é o caso de México- con máis de mil fontes termais, os modelos que xa se utilizan en Ourense.
Na primeira actividade da xornada, o portavoz do goberno municipal de Ourense, José Araujo, debullou como foi a xénese do desenvolvemento termal na cidade desde fai algo máis de vinte anos, e cales son os proxectos sobre os que se traballa de fronte ao futuro. Subliñou a importancia do termalismo en Ourense, non só polo que hai feito e o que está por vir, senón tamén polo seu carácter de foro permanente en torno á auga e o termalismo, tanto desde o punto de vista científico como técnico, turístico, etcétera. Subliñou esta afirmación con dous exemplos: Termatalia, o gran foro internacional do termalismo, cunha especial proxección en América Latina, ten en Ourense a súa sede permanente.

María Millán Borrajo, 2º Bach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-10-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal