Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Inscribe á nai dunha alumna nunha web sexual por vinganza a unha denuncia de acoso ao seu fillo.
O pai inscribiu nunha web de servizos sexuais á nai dunha compañeira do seu fillo, xa que esta díxolle a outra nai que varios alumnos realizaran tocamentos á súa filla e denunciouno ante a Garda Civil.
A Garda Civil abriu unha investigación ao pai dun alumno dun centro educativo de Soto del Real (Madrid) por inscribir usurpando a súa identidade á nai dunha compañeira do seu fillo nunha web de servizos sexuais en represalia por unha denuncia de acoso escolar contra este último.
Os axentes identificaron ao investigado, que podería incorrer en delitos de usurpación de identidade e contra a intimidade, informa a Garda Civil. Os feitos comezaron o pasado mes de marzo cando a Garda Civil recibiu unha denuncia por tocamentos dun grupo de alumnos a unha compañeira. Outra alumna que presenciou os feitos púxoos en coñecemento da súa nai, quen llo comunicou á da agredida, que presentou denuncia ante a Garda Civil.
Os menores que interviñeron na agresión non son imputables pero a denuncia xerou a activación do protocolo de acoso escolar no centro educativo. Por mor destes feitos a nai da testemuña comezou a recibir numerosos correos electrónicos de contido sexual tanto de España como do estranxeiro, o que puxo en coñecemento da Garda Civil, que iniciou a investigación.
Froito da mesma logrouse identificar ao presunto autor, que resultou ser un dos pais dos alumnos implicados no caso de abusos. Este home inscribira na devandita web á nai da alumna por vinganza pola denuncia.

Iria Padrón López, 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 01-10-2016 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal