Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

V Concurso de Micro-Relato

A librería Aira das Letras de Allariz organiza por quinto ano consecutivo un concurso de ficción en formato de micro-relato ata o vindeiro 30 de outubro.

O texto, inédito, non debe conter máis de 170 palabras, excluído o título e o tema versa sobre os misterios da LAGOA DE ANTELA.

Como fixemos o ano, esta será a primeira actividade de creación literaria proposta como traballo voluntario para o alumnado de 4º da ESO e BCh.

A nosa alumna de 4º da ESO, Marta Pérez Peña, acadou un dos premios entregados na Fundación Vicente Risco de Allariz.

Se quereres participar antes do comezo das aulas o vindeiro día 16, consultade as bases da edición, onde se fai preciso, crear un rexistro de identidade no portal da librería para logo subir o texto.

Benvid@s ao novo curso literario 2016/2017
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-09-2016 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal