Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Despedida do curso

Chegamos ao final da nosa andaina neste curso 2015/2016. Semella lonxe setembro, cando principiamos con novos blogueiros colaboradores, novos coordinadores de curso e antigos xornalistas EDL, algúns deles connosco con máis de tres anos de elaboración de artigos semanais.

Desde o Blog do Equipo de Dinamización Lingüística do CPR DP Franciscanas Ourense, moitas grazas a todos os que colaborastes, os que lestes, os que interactuastes dunha maneira directa ou indirecta co noso blog, e por ende, co noso idioma.

Hai máis de oito anos que comezou esta proposta TIC que avala a idoneidade de coinciliar as competencias lingüísticas coas dixitais a prol da promoción e defensa do galego.

Sabemos que, alén do noso contorno educativo, nos seguen por toda Galiza e iso é un motivo de orgullo engadido que nos fan valorar a necesidade de continuar perseverando no concepto fundamental deste blog e dinámica: o galego débese defender e practicar en todos os campos xa que é aínda o noso valor identitario principal que nos distingue do resto como galegos de ben.

DEICA O VINDEIRO ANO! UN MILLEIRO DE BLOGS PARA O GALEGO!
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-06-2016 12:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal