Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Centos de persoas saen á rúa en favor dos refuxiados.
Centos de persoas saíron á rúa este domingo para denunciar a situación que viven as persoas refuxiadas. Con proclamas contra o acordo entre a UE e Turquía e contra os “campos de concentración” no que se atopan atrapados milleiros de refuxiados, as persoas que participaron nas mobilizacións reivindicaron o cumprimento da legalidade internacional e que a UE revise a fondo a política exterior.

As manifestacións, que tiveron lugar na Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra e Vigo, foron convocadas pola Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas –da que forman parte máis de 70 colectivos- con motivo da conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas. Baixo o lema “Non ás guerras. Rachemos coas fronteiras”, as persoas e colectivos participantes reclamaron a garantía e cumprimento dos dereitos dos refuxiados e cargaron contra a UE, ao entender que dilapida “millóns de euros nunha sinistra infraestrutura de vixilancia, disuasión e control, mentres elude calquera xestión global que antepoña a vida das persoas”.






Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-06-2016 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal