Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Condenada a 25 anos de internamento nun psiquiátrico a muller que asfixiou o seu bebé.
A Audiencia Provincial da Coruña condenou a un máximo de 25 anos de internamento nun centro penal psiquiátrico a Marisol Montañés Martínez, a muller declarada culpable de acabar coa vida do seu bebé nun cuarto de hotel de Santiago en agosto de 2015.

Así o recolle a sentenza ditada esta semana polo maxistrado Alejandro Morán e que difundiu este venres o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Nela, considérase Marisol Montañés autora dun delito de asasinato, aínda que se lle absolve deste porque se admite a eximente completa de alienación mental. Así, o tribunal determina que a muller pase un máximo de 25 anos de internamento nun centro penitenciario psiquiátrico.

A sentenza dítase en consonancia co veredicto do Xurado Popular, que considerou probado por unanimidade que Marisol Montañés asfixiou á súa filla, de seis meses, no cuarto dun hotel de Santiago na tarde do 31 de agosto de 2015. Ademais, por maioría, deu por probado que no momento dos feitos a súa capacidade de "entender e querer" estaba alterada por un "brote" da esquizofrenia paranoide que padece e que tiña sen tratar.

No auto, o tribunal estima que os feitos probados son "constitutivos dun delito de asasinato" pola concorrente de aleivosía, pola "inexistencia de probabilidades de defensa" por parte da nena, de solo seis meses, que estaba "absolutamente desamparada e dependente".

Así mesmo, recorda que a propia Marisol Montañés "recoñeceu dar morte á súa filla", xa que considerou que "representaba o mal e tiña que acabar con ela para salvar ao universo".

Entre outras cuestións para confirmar o asasinato, o auto fai referencia ás imaxes que mostran os "estraños movementos" da acusada o día previo ao crime, así como o feito de que Marisol Montañés "era a única persoa que se atopaba no cuarto coa menor cando sucederon os feitos".

A causa da morte, como apuntaron os forenses, foi por asfixia por compresión cervical, con "posibilidade de que colocase unha man con suavidade sobre os orificios respiratorios oral e nasais".

"É imprescindible que se dispoña para esta a medida de internamento, privada de liberdade, nun centro psiquiátrico", apunta o maxistrado, ao tempo que recorda que un caso de asasinato agravado como este sería, segundo o código penal, merecedor dunha pena de prisión permanente revisable.




Ana Rodríguez Diz, 4ºC.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 19-06-2016 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal