Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un bosque para cen libros no século XXII
A xestación dun libro adoita ser un proceso demorado. Desde a súa concepción inicial ata que chega ás mans do lector atravesa numerosas etapas que se poden prolongar no tempo. Ás veces o azar se encapricha cunha obra determinada, que non ve a luz ata anos ou séculos despois do seu nacemento. Algo parecido ocorrerá cos cen títulos que formarán a chamada Biblioteca do Futuro, só que no seu caso o farán por expresa vontade da súa promotora.

A artista escocesa Katie Paterson plantou mil árbores no bosque Nordmarka, nos arredores de Oslo. O seu destino é o de moitos outras árbores: a súa transformación en papel. Pero non será ata o 2114 cando a conversión se produza. Desde o 2014 e ata entón, a Biblioteca do Futuro irá sumando un manuscrito novo cada ano e cando se complete o centenar os exemplares serán tallados e utilizados para imprimir a colección. Un comité seleccionará aos autores, que teñen total liberdade para elixir o xénero que desexen -novela, relatos, teatro, poesía, ensaio- e a súa temática. Incluso son invitados a Nordmarka e instalarse nunha cabana para inspirarse ou escribir. Unicamente deberán cumprir unha norma, a de non divulgar a ninguén o contido da súa creación. Unha copia manuscrita quedará na biblioteca en Oslo e outra se encriptará para asegurarse de que ninguén poida lela antes de que chegue o 2114.

A Biblioteca do Futuro xa sumou os seus dúas primeiras achegas: a canadense Margaret Atwood e o británico David Mitchell. «Estamos abertos a calquera autor de calquera lingua ou país, así que un escritor que utilice o galego ou o español podería chegar a formar parte da biblioteca», explican fontes do proxecto. Iso si, non se aceptan manuscritos de autores que non teñan sido seleccionados previamente pola fundación que Paterson puxo en marcha para continuar coa iniciativa cando, inevitablemente, ela xa non estea. «¿Pregúntome si alguén enviará un manuscrito cunha soa palabra?», confesa a artista.

Paterson explica que atesourara a idea para a Biblioteca do Futuro desde hai anos. «Establecín a conexión entre plantar árbores para imprimir libros a través da relación entre os aneis dos troncos e os capítulos dun libro», describe. A súa visión relaciona espírito e materia, o presente e o futuro, así como a dimensión inabarcable do tempo. As árbores plantadas son mil exemplares de píceas, que, calculan, serán suficientes para 3.000 volumes da antoloxía que reúna o centenar de obras. A biblioteca equipara o xesto de quen escribe para a posteridade co de quen planta un bosque de lento crecemento para legalo ás xeracións futuras. «Estas obras non nos pertencen, senón a aqueles que aínda non naceron», afirma Paterson.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal