Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A recollida de lixo na comarca é máis cara que nas grandes cidades
O custo por habitante é de case 51 euros e os pobrenses son os que máis pagan pola prestación.

Os concellos da área barbancesa destinan á recollida e tratamento do lixo máis de 5,5 millóns de euros anuais, segundo os datos publicados polo Ministerio de Facenda coa información achegada polos propios concellos, o que supón un gasto de 50,7 euros por habitante, unha cifra que está por encima da que rexistran as principais cidades galegas, coa excepción de Ourense, onde se dispara ata os 83,4. Na Coruña, o custo por cidadán sitúase en 50,4 euros, mentres que Lugo é a cidade onde menos costa, 23,5 euros. Unha ferramenta do Ministerio de Facenda permite coñecer o gasto efectivo que ten para as arcas municipais a prestación de servizos básicos, e a súa análise achega datos curiosos, como que os veciños da Pobra son os que máis pagan por prestacións como a recollida de lixo. No seu caso, a factura elévase ata os 70,7 euros por habitante, cinco euros máis do que custa a eliminación e tratamento dos residuos por cada ribeirense. Con todo, no que respecta a este servizo, o desembolso de todos os concellos está bastante parello e rolda os 50 euros de media. En canto ao custo efectivo doutras prestacións básicas, A Pobra tamén encabeza o ranking. Manter a rede de abastecemento de auga potable supón un gasto de 99,34 euros ao ano por cada veciño do municipio, e 101 costa a rede de sumidoiros, tres veces máis, por exemplo, do que se paga no Concello de Boiro por habitante (32,37 euros).

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 05-06-2016 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal