Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta recorta case á metade a axuda ás viaxes das mulleres que teñen que abortar en Madrid
O Sergas rebaixa a subvención e aumenta os requisitos para as pacientes que ven obrigadas a desprazarse para someterse a un aborto terapéutico que non está garantido con asistencia continuada en Galicia.

A polémica polas precarias condicións na que as mulleres no segundo trimestre de xestación interrompen o seu embarazo destapou os numerosos defectos no funcionamento dos protocolos sanitarios. A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto (PGDA) advertiu que en varios hospitais públicos galegos non se garante a asistencia necesaria, nin a dunha matrona nin a do persoal médico idóneo, ou que mesmo as pacientes deben expulsar o feto en solitario nun baño. Varias afectadas relataron as súas duras experiencias e ducias delas contactaron co colectivo para contar tamén o seu caso. A Xunta anunciou unha investigación ante o recoñecemento, mesmo desde hospitais públicos, de que a asistencia médica completa non estaba garantida e de que puido haber deficiencias, pero negouse a cambiar o protocolo e rexeitou que os problemas se habían debido aos recortes. A alternativa do Sergas para garantir unha asistencia médica completa e o acompañamento continuo da muller é acudir a unha clínica privada en Madrid. Pero os gastos teñen que ser adiantados polas afectadas e as limitacións son importantes. Agora, ademais, a contía que sufraga a Xunta para o desprazamento rebaixouse case á metade mentres se aumentaron os requisitos para poder acceder á subvención.

Sara Fernández de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 29-05-2016 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal