Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Deputación de Ourense desvincula a Festa do Boi de Allariz do maltrato aos animais e dos festexos taurinos
A Deputación de Ourense saíu este venres en defensa da Festa do Boi de Allariz e aprobou con 23 votos a favor -do PP, PSOE e BNG- e dúas abstencións (Democracia Ourensana) unha moción en defensa deste festexo e do seu papel como patrimonio inmaterial e motor económico para a provincia. A institución reivindicou que este evento "non ten nada que ver cos festexos taurinos nin nos que se maltrata aos animais.

A moción presentada no pleno coincidiu cunha campaña de recollida de sinaturas na plataforma Change.org en contra da Festa do Boi e que conta xa con 27.000 apoios.

A proposta reclama a supresión do uso de bois nos "encerros" de Allariz, onde goberna o BNG, e un cambio de orientación do festexo. Dende a plataforma arguméntase que o uso de bois atados con sogas "provoca nos animais unha situación de maltrato psíquico".

Os deputados do PP, PSOE e do BNG mostraron o seu respaldo á moción do Grupo Popular en apoio da Festa do Boi sobre a base do seu "arraigamento histórico de case 700 anos", no que se "exaltan tradicións, cultura e elementos que contribúen á mellora da oferta lúdica e promocional" da provincia.

Así reiterouno o voceiro 'popular' Manuel Doval, que destacou a importancia desta cita cultural "non solo para o desfrute" de veciños e visitantes, senón como unha "ferramenta para situar Ourense no lugar que lle corresponde".

Para Doval a festa contribúe a "poñer en valor o inmenso patrimonio material e inmaterial" co que conta Ourense, ao tempo que serve como un "impulso" para a economía de Allariz e do resto da provincia.

O 'popular' insistiu en que a Festa "nada ten que ver" con outros exemplos nos que hai "maltrato animal".

Selena González Rodriguez de 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-05-2016 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal