Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A escena galega e a lusa únense en «Ou mundo persistente»
Ou mundo persistente é o novo espectáculo froito do Proxecto Nós, un programa de encontro teatral entre a escena galega e a portuguesa que arrincou no 2015 coa montaxe de Bilingue/Bilingüe . Esta segunda produción conxunta, neste caso coordinada desde o Centro Dramático Galego (CDG), estrearase o próximo 1 de xuño no Salón Teatro de Santiago, onde se representará ata o día 5. Posteriormente, a obra será escenificada no Teatro Carlos Alberto do Porto e no Teatro D. María II de Lisboa , con cinco funciones tamén en cada un dos lugares.

A peza teatral, escrita por Fernando Epelde e coa dirección artística de Tito Asorey, conta coa participación da Escola Superior de Arte Dramática (Esad) de Galicia e as escolas superiores do Teatro e Cinema de Lisboa, ademais dos teatros nacionais portugueses D. María II e Sãou Jõao. «A idea deste proxecto foi retomar a senda da colaboración periódica entre o ámbito escénico galego e portugués e darlle esa dimensión pedagóxica, que nos parecía tamén importante», asegurou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, que participou na presentación do novo espectáculo xunto á directora do CDG, Fefa Noia, ao director artístico do espectáculo, Tito Asorey, e á vicedirectora da Esad, Cristina Domínguez. Tamén acudiron os alumnos -todos están na recta final dos seus estudos- que conforman o elenco de actores.

O director Tito Asorey destacou que Ou mundo persistente, que foi escrito especificamente para este proxecto por Epelde, é un espectáculo «arriscado a nivel técnico e humano», no que quixeron abordar a liberdade ficticia na actualidade mediante a historia duns mozos que emprenden unha viaxe inmersos nun mundo virtual.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-05-2016 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal