Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Creando historia.
As tradicións sempre teñen un inicio. Non son dignas do nome nos seus primeiros pasos. Chámanlles pasatempos, novidades, debuts, introduccións. Son comezos. E os comezos son máis valentes que as tradicións. Non teñen nada detrás, ningún apoio e ningunha base. Téñeno todo por diante, mais sobre todo, teñen o pracer de disfrutar do que será froito da nostalxia no futuro. Mulleres e homes. Traballadoras e estudantes totalmente anónimos. Persoas de a pé viaxando a Abu Dhabi e sendo protagonistas no primeiro Mundial de fútbol gaélico. Segundos eles, terceiras elas. Teñen este ano a oportunidade de mellorar o resultado, en Dublín, e de seguir a disfrutar de ir construíndo, gran a gran, a súa propia historia.

Este verán volve a maior competición internacional de fútbol gaélico e as seleccións galegas atópanse entre as favoritas para chegar á final de Croke Park. Este estadio é o centro neurálxico deste deporte. Un lugar emblemático, no que todos os xogadores queren estar presentes, nun momento simbólico, xa que este Mundial organízase no marco da celebración do centenario da independenza de Irlanda. É por isto que se repite, un ano despois, unha competición que, a partir de agora, será bienal.

A presente edición vai sufrir un aumento de nivel moi considerable, debido á participación de seleccións cun forte arraigo na práctica do fútbol gaélico como Bretaña, Francia ou Escocia, que participará con dous equipos. O grande potencial destes combinados dificultará que os galegos repitan a tremenda fazaña da pasada tempada. O subcampionato foi un fito que non se perderá de vista, mais este ano competir será o primeiro obxectivo. Con todo, segundo apunta o membro da expedición galega Pedro Xosé Villarino: "A selección masculina está entre as mellores e ten o nivel para loitar polo triunfo". É imposible non fascinarse ante o feito de que un equipo con 4 anos de historia xogue de ti a ti ante países con máis dun século de tradición neste deporte. Con 13 partidos oficiais, Galiza está entre as candidatas para ser campiona do mundo, cun marxe de mellora abrumador por diante.

Pedro Xosé Villarino "A viaxe a Irlanda supón un aforro con respecto ao ano pasado, mais a selección galega precisa recadar fondos. Os xogadores están dispostos a poñer cartos do seu peto para estar en Coke Park"
Polo de agora, as nosas seleccións levan un mes adestrándose entre unha e dúas veces por semana, alternando entre A Coruña, A Estrada e Santiago o lugar dos mesmos. Moito esforzo por parte de xogadores e xogadoras, que espera ter recompensa no vindeiro mes de agosto.

No caso da selección feminina, Villarino destacou un aumento sustancial do seu nivel co despunte das xogadoras do clube A Coruña Fillas de Breogán, gañadoras de Copa e Liga este ano. "As posibilidades dependerán do nivel que traian as demais seleccións", afirmou Villarino en referencia ás galegas que, con todo, son favoritas.

As galegas contaban só cun ano de historia cando se embarcaron na aventura mundialista o curso pasado. A viaxe a Abu Dhabi foi costosa, mais supuxo a primeira toma de contacto para as xogadoras nunha proba de nivel mundial. Naquela cita, as galegas comezaron gañandolle a Sudáfrica, mais foron superadas amplamente por unha selección de Canadá con moita máis experiencia. Este ano a historia pode ser ben diferente, mais o que espera en Dublín é toda unha incógnita, debido ás dificultades para atopar outros conxuntos femininos cos que competir fóra de Galiza e España. A ausencia de tradición e de control duns combinados sobre outros outorgalle ao Mundial un factor sorpresa. Benditas sorpresas.






Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-05-2016 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal