Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Garda Civil recupera o corpo do mergullador vigués Alex Macía
Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil atoparon esta tarde o corpo de Alex Macía, instrutor de mergullo desaparecido onte entre a costa de Nigrán e as illas Cíes. Os axentes especiais deron co cadáver do mergullador nas inmediacións do pecio do Mar de Marín, pesqueiro afundido na ría de Vigo en abril do 2014 ao chocar contra o mercante Baltic Breeze, suceso no que faleceron catro pescadores e un quinto desapareceu. A recuperación do corpo requiriu dun operativo especial, ao atoparse a máis de 50 metros de profundidade, o que obrigou aos mergulladores a facer paradas de descompresión para emerxer ata a embarcación Río Guadalupe da Garda Civil, onde foi depositado o cadáver para o seu traslado a terra.

As operacións de procura renováronse ás 7,15 da mañá de hoxe, pero foi esta tarde cando os efectivos da Garda Civil descenderon ata o barco afundido, onde onte Alex Macía mergullouse cun compañeiro, que xa non o volveu a ver cando saíu á superficie.

O helicóptero Pesca I da Xunta renovara ás 11 horas de hoxe a procura do profesor de mergullo. Á procura aérea sumáronse durante a mañá efectivos do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas (GEAS) da Garda Civil.

Alexis Víctor Macia Díaz era un mergullador moi experimentado de 44 anos, e dono da escola de mergullo Illas Cíes, situada nas andrómenas pesqueiras de Bouzas. O mergullador tiña muller e unha filla. Os primeiros indicios apuntan a que o adiestrador descendeu a 54 metros de profundidade e xa non puido regresar á superficie.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal