Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cervantes e Shakespeare, dous xenios recrutados para a causa do libro
Miguel de Cervantes e William Shakespeare son dous alicerces do canon literario. O primeiro inventou o xénero de maior éxito, a novela, cun Quixote que nunca esgota lecturas e interpretacións e que foi espello, para mirarse ou para rompelo, de toda xeración posterior de escritores. O segundo consagrou o teatro como o gran escenario do mundo, onde se dirimen os avatares humanos: apenas hai conceptos -o amor, a vinganza, a lealdade- que non percibamos hoxe a través da formulación do dramaturgo.

A súa xenialidade bastaría para honralos sen maior pretexto, pero ambos foron recrutados a favor dunha causa á que xa contribúen coas súas obras e que os erixiu en símbolo: a reivindicación do libro como artefacto cultural de primeira orde e transmisor do saber, unha posición que hoxe en día se ve, senón ameazada, polo menos rachada. Así, Cervantes e Shakespeare encarnan cada 23 de abril a defensa do libro, en virtude dun azar biográfico -ou quizá un capricho das musas- que quixo que falecesen na mesma data de 1616; neste 2016, hai 400 anos: aniversario redondo.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 24-04-2016 23:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal