Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

ECO, 25 anos con Galicia
Neste mesmo mes de abril, pero do ano 1991, saía á rúa o primeiro número de “ECO, a Revista do Eixo Atlántico", editada por "Equinoccio", que cumple polo tanto un cuarto de século de vida, algo loable dentro do complicado mundo editorial, tan castigado pola crise económica nos últimos anos.
Un número moi especial porque cumprir 25 anos "significa que non é flor de un día, senón que veu para quedarse", como dí o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na súa felicitación, asegurando que "nos tempos que corren, non é un éxito menor"
Para conmemar a efeméride, a revista saca a rúa un número especial de 54 páxinas. O seu presidente e fundador, Gonzalo Vázquez Pozo, lembra na editorial a época en que a revista viu a luz indicando que "naquel intre os retos que preocupaban a sociedade galega eran, entre outros, a construcción naval, as cotas de pesca e do leite, as conexións coa meseta... e fortalecer o sistema de financiamento galego". Cambiaron moito as cousas neste cuarto de século? Para Vázquez Pozo  "gran parte das preocupacións de entón seguen estando presentes na sociedade galega hoxe, ampliadas e agravadas polo paso dos anos, polas carencias derivadas e polos efectos negativos que provocou a perda de confianza e credibilidade dos sucesivos gobernos".


Kelly Pousa, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 24-04-2016 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal