Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lalín debate deixar a simboloxía relixiosa á marxe da actividade municipal
O goberno local de Lalín, unha coligazón a catro presidida por Rafael Cuiña (Compromiso por Galicia) presentará no vindeiro pleno municipal unha moción para “promover a liberdade de conciencia e a non confesionalidade institucional do Concello”. A iniciativa procura garantir o principio recollido na Constitución de que ningunha confesión terá carácter oficial no Estado. A moción quer que as “outorgar ás institucións públicas de carácter público a calidade de aconfesionais”. A finalidade, explica, garantir a liberdade de conciencia e a independencia da administración pública.

Entre os puntos que recolle esta moción está a “supresión de todo tipo de simboloxía relixiosa nos actos oficiais e nos espazos de titularidade pública que dependan do Concello”. Tamén propón que “os membros da corporación local e o persoal ao servizo da administración municipal non mostrarán, no exercicio do seu cargo ou das súas funcións, ningún xesto de submisión ou veneración de persoas ou imaxes relixiosas”. Tampouco se fará doazón ou se facilitará solo público nin locais, así como achegas públicas ou bonificacións fiscais para a instalación de infraestruturas ou actividades de confesións relixiosas.

Sofía Fernández Martínez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-04-2016 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal