Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lectura na Alameda de Santiago polos dereitos dos refuxiados
Coincidindo coa celebración do Día do Libro, os alumnos do IES Xelmírez I saíron onte á Alameda para ler de xeito ininterrompido durante 4 horas textos cos que intentaron chamar a atención sobre a situación das persoas que buscan asilo. Así, doce grupos de alumnos sorprenderon aos paseantes con poemas, relatos breves e reflexións en inglés, francés, castelán, galego, portugués, alemán, árabe e rumano: linguas que falan os alumnos do centro. Durante a lectura, ademais, varios voluntarios de Cruz Vermella deron información sobre a situación dos refuxiados, nunha actividade que se complementa cunha exposición fotográfica composta por varias imaxes sobre refuxiados e textos de Don Quixote.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2016 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal