Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Ramón Chao: "Penso doar o meu corpo a un instituto de Belas Artes"

O periodista e escritor Ramón Chao (Vilalba, 1935), lembra todas as historias das súas numerosas tatuaxes. Considerado o "auténtico rebelde da familia", en palabras do seu fillo Manu, lembra que decidiu facer o primeiro durante unha xira da banda Mano Negra e confesa reservarlle o alto das súas costas a Miquel Barceló, que o próximo verán cederalle unha das súas obras.

Esta é a historia do seu primeiro tatuaxe: “Estampáronmo en Colombia, hai case 25 anos, durante a xira ‘O expreso de xeo’, con Man Negra. Tratábase de percorrer o traxecto Bogotá-Santa Marta-Bogotá polo Macondo de García Márquez, ofrecendo espectáculos nun convoi recomposto con mil pezas diferentes, cuxa velocidade era de quince quilómetros por hora. Estaba previsto que os meus fillos viaxasen nun tren aínda inexistente, por raíles oxidados e entre guerrillas; que atravesasen o Baixo Magdalena, unha das zonas menos recomendables de América Latina, disputada por paramilitares, narcotraficantes, secuestradores e asasinos. Fun con eles porque tiña medo de que lles sucedese algo. Ademais de bandas musicais, vagón de exposicións e números de circo, o tren levaba un salón de tattoo, a cargo do belga Dani. Gravoume a tatuaxe aproveitando unha ausencia de Manu; pero alguén chibouse, o meu fillo veu verme e díxome: “Papá, non se che pode deixar só”. Era tarde non houbo quen me borrase xa o logotipo de Man Negra, representado por unha palma desta cor sobre unha estrela vermella”.

Elena Outomuro López, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 23-04-2016 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal