Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

'O Quixote' en 17.000 tuits, un libro que acaba de rematar de reescribirse
En vésperas de que se cumpra o catrocentos aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes, a enxeñosa aventura que iniciou o informático prexubilado Diego Buendía -escribir os máis de dous millóns de caracteres do Quixote en 17.000 tuits- chegou á súa fin. Se a Don Quixote a febre que lle mantivo en cama seis días devolveulle a cordura, a Buendía -que reside en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona)- foi un proceso febril o que lle levou a trasladar á rede social a través da conta @elquijote1605 a obra máis destacada da literatura española.

Dezasete meses despois de que comezase este reto, o 1 de setembro de 2014, a conta ten máis de 7.000 seguidores de diversos países do mundo. "A resposta foi abafadora, a xente está moi agradecida, felicítanche, dinche que é un traballo extraordinario", explica o informático nunha entrevista, na que indica que na última semana enviou mensaxes directas a todos os seus seguidores para agradecerlles o acompañamento.

Os tuits co texto da soada obra aparecen cada sesenta minutos e a meticulosidade coa que se publican é consecuencia do algoritmo que el mesmo desenvolveu. Ao longo do último ano e medio, a aventura só sufriu incidentes en "dúas ó tres ocasiones" e dun deles Buendía decatouse polo aviso dunha seguidora que unha noite informoulle de que "facía catro ou cinco horas que non saía nada". O motivo, explica o informático, era un fallo no servidor. Para recuperar "o desfasamento" na publicación de tuits, Buendía colleu O Quixote e tecleou el mesmo os parágrafos que faltaban. Unha acción que se repetiu o venres 22 de abril desde Alcázar de San Juan (Cidade Real), "un núcleo cervantino", desde onde publicou o último tuit ás 12:00 horas.

Buendía quere que a última mensaxe sexa retuiteado por todos os seguidores. Normalmente, recibe por cada un deles "catro, cinco ó seis retuits", aínda que outros chegaron a ser compartidos por case 500 persoas, como o segundo: "Nun lugar da Mancha, de cuxo nome non quero acordarme". O informático puxo tamén en marcha unha páxina web (www.quixote17000.es) con múltiples funcións, entre as que destacan un buscador de palabras no Quixote, outro buscador de tuits ou a posibilidade de descubrir cada vez que accedes unha cita aleatoria da soada obra.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-04-2016 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal