Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Morre Prince aos 57 anos.
Aínda que bastante desaparecido da esfera pública nos últimos, foi un dos cantores da música popular máis influintes da década dos 80 e unha icona pop para varias xeracións de xente nova. Cantor, autor, multiinstrumentista e performer, deixou varios temas para a historia, como Kiss, Little Red Corvette, Purple Rain ou When Doves Cry.


Prince Rogers Nelson, que así se chamaba, morreu en circunstancias que aínda se descoñecen, pero cancelara a comezos deste mes algúns concertos. A semana pasada tamén estivo hospitalizado algúns días.


Nado en Minneapolis en 1958, comezou no mundo da música a finais dos 70 pero non triunfa até os 80 cunha das cancións máis coñecidas da historia, 'Purple rain', que editou en 1984 e que o levou tamén ao cinema, acadando un Oscar á mellor banda sonora orixinal ao ano seguinte. Editou 39 álbums ao longo da súa vida, dous deles en 2015 (HITNRUN Phase One e Two). Acadou sete Grammys.


Só estivo en Galicia nunha ocasión. Foi o 29 de xullo de 1990 nun auditorio do máis sorprendente: o campo de fútbol do colexio Santa María del Mar dos xesuítas da Coruña, por mor das malas relacións entre o Concello e o Deportivo. Aquel día, Galicia dividiuse en dous: os que ían (ou quererían) ver a Prince, e os que foron ver a Madonna, que estaba exactamente a mesma noite en Vigo, con camisola do Celta e bandeira local incluída.


Ana Rodríguez Diz, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-04-2016 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal