Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Xunta, condenada por "infracción grave" dos dereitos de traballadores do Sergas

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestimou o recurso presentado pola Xunta contra a sentenza da Audiencia de Ourense na que foi condenada por non renovar o contrato dunha auxiliar de enfermaría do hospital de Verín cando esta estivo de baixa por enfermidade.

A Audiencia de Ourense e o TSXG sinalan que o Sergas usa o encadeado de contratos temporais para ocultar contratacións indefinidas, unha vía que, din, é "fraudulenta"
O Superior de Xustiza ratifica a decisión adoptada en primeira instancia e coida que o Sergas cometeu unha "infracción grave" dos dereitos da traballadora "ao non renovarlle o seu nomeamento" a unha persoa que "levaba traballando de maneira continuada e ininterrompida durante un prolongado período de tempo", neste senso superior a 4 anos, "pola única razón da baixa por enfermidade".

Así, obriga a que o Sergas restitúa a traballadora no seu posto mentres non sexa creada ou provista a praza que ocupa de maneira temporal através do correspondente procedemento de "concorrencia competitiva" ou amortizada "se por circunstancias ben xustificadas, resultase innecesaria".

Asemade, na sentenza o Tribunal Superior de Xustiza sinala que a administración estivo a usar unha "via fraudulenta" para "ocultar unha contratación indefinida do persoal". Isto é, usaba contratos temporais encadeados para manter nun mesmo posto de traballo a mesma persoa durante 4 anos. Un feito que, sinala o tribunal, constitúe unha "relación xurídica indefinida temporal" que, aliás, foi finalizada "aproveitando unha baixa temporal" algo que, di, "non é de recibo".
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-04-2016 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal