Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A aparición de bandas xuvenís en Galicia alerta a pais e profesores.

A aparición en Galicia de bandas xuvenís converteuse nunha das principais preocupacións da comunidade educativa galega. Nunca antes mostrouse esa inquietude desde os colexios e institutos de Galicia. «Tivemos 33 demandas de asesoramento e información nos tres primeiros meses deste ano. Cando pasamos de 0 a 33 é porque hai unha preocupación ao redor dun problema, no que imos incidir dunha maneira moi especial». O delegado do Goberno, Santiago Villanueva, reflectiu así esa inquietude nun receso da reunión da comisión de seguimento do plan director para a convivencia e mellora da seguridade escolar en Galicia, que analiza os riscos en colexios e institutos. Villanueva explicou que cando se incrementa ese interese por parte da comunidade escolar é «porque se detectou un problema e trátase de evitar que uns alumnos teñan esa tendencia para participar en bandas xuvenís». O aumento da demanda de información sobre bandas xuvenís produciuse en zonas do sur de Pontevedra, na provincia de Lugo e na cidade da Coruña, «onde houbo pelexas multitudinarias e enfrontamentos entre bandas», apuntou o delegado, aínda que non quixo concretar que centros educativos demandaron información sobre ese problema.

De todos os xeitos, a primeira preocupación de pais, profesores e alumnos son as novas tecnoloxías. Os riscos da internet e as redes sociais, o mal uso da mensaxería nos móbiles mantéñense desde hai anos no número uno das demandas de información por parte da comunidade educativa galega. As novidades son moitas, polo que é necesaria unha actualización case permanente, polo que a partir da próxima semana o plan director de seguridade escolar contará co asesoramento do colexio galego de enxeñeiros informáticos para ofrecer unha formación específica aos especialistas da Policía Nacional e da Garda Civil. «Neste tema prodúcense constantes cambios e trátase de que eses coñecementos poidan trasladarse á comunidade educativa aos pais», explicou o delegado do Goberno, quen advertiu que ao redor das redes sociais hai que realizar «un control nos colexios, pero tamén nas casas».

O acoso escolar figura como o segundo motivo de inquietude para os pais e profesores. Os expertos do plan de seguridade escolar de Galicia destacan ademais a relación deste asunto coas novas tecnoloxías ante a constatación de que «os acosadores utilizan as redes sociais na maior parte dos casos». Por ese motivo, as charlas sobre acoso incluirán a partir de agora tamén os riscos da internet e as redes sociais.
En terceiro lugar aparece a violencia machista, unha preocupación que tamén parece ir en aumento á vista da demanda de información que se solicita nos últimos meses desde a comunidade educativa.

A comisión de seguimento, na que están representadas a Garda Civil e a Policía Nacional, a Consellería de Educación, o Ministerio de Educación, os municipios e as unidades de loitas contra a violencia machista da Delegación do Goberno, detectaron un aumento da demanda de información por parte dos pais. Iso reflíctese cos 32.383 asistentes ás charlas sobre seguridade escolar no segundo trimestre do curso, un 75 % máis que no primeiro.

Ademais das charlas dirixidas a profesores, pais e alumnos, o plan director de seguridade escolar tamén establece a vixilancia policial nos colexios e na súa contorna. Tanto a Garda Civil como a Policía Nacional, co apoio das policías locais, realizan controis rutineiros nos colexios e institutos de toda Galicia, pero tamén se realizan intervencións policiais ante a aparición de conflitos ou de indicios de que se está producindo algún delito. No primeiro trimestre deste ano as forzas de seguridade realizaron 3.495 intervencións de vixilancia e control en 537 centros escolares de Galicia e conseguiron desactivar seis puntos de venda de droga na contorna dos colexios.

O delegado do Goberno confirmou que na reunión da comisión de seguimento da convivencia e a seguridade escolar en Galicia tamén se abordou o tema da instalación de cámaras de vixilancia nos colexios e institutos. Santiago Villanueva recoñeceu que o tema se tratou na reunión por parte dos expertos, «que pensan que garantindo a lei, a intimidade e a protección de datos, é positiva a instalación de cámaras en determinados espazos para aumentar a seguridade de alumnos e profesores».


«Estamos moi preocupados pola seguridade nos centros educativos de Galicia -asegurou Villanueva- e creo que é positivo que haxa videovigilancia con cámaras que estean perfectamente sinalizadas. Isto está pensado para incrementar a seguridade escolar».



José Javier Nieto Blanco, 4ºB.

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-04-2016 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal