Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha xabaril vive coas súas crías no pleno casco de Monforte
Desde fai un mes os veciños da rúa Condesa Pardo Bazán, no popular barrio da Estación de Monforte, teñen unha compañía que non é moi habitual. Trátase dunha xabaril coa súa prole de crías que se asentou nun solar situado na traseira dun bloque de vivendas.

Esta mesma semana unha veciña da zona aínda colgaba no Facebook unha imaxe da mamá xabaril cunha das súas cativas nas súas xa habituais correrías polas hortas do barrio e polas beiras do Rioseco.

Ata agora, os veciños desta peculiar familia non sufriron ningún esnaquizo nas súas propiedades, nin se produciu ningún ataque da nai, por iso non creen que a súa presenza supoña un perigo. Confían en que no momento que as crías estean máis crecidas marchen do barrio e regresen ao monte, ao seu medio habitual.

Irene Iglesias Bastos, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-04-2016 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal