Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Escocia presume de ter o Parlamento con máis líderes políticos homosexuais

Catro dos seis líderes de partidos políticos de Escocia identifícanse dentro do colectivo de LGBT. Só a primeira ministra escocesa e o líder dos liberais, son heterosexuais, fronte aos representantes do partido laborista, o conservador, o do Ukip e os verdes.

Kezia Dugdale, líder do Partido Laborista de Escocia, revelaba a principios deste mes que tiña noiva nunha entrevista, unha información que non dera antes porque non a vía necesaria nin relevante. Dugdale móstrase orgullosa de ser de Escocia, onde teñen o Parlamento con maioría dos líderes dos partidos identifícanse como LGBT.

O diario británico The Guardian recolle que hai uns anos foise de Escocia porque non podía vivir a súa vida como ela quería, xa que "ser muller homosexual nun mundo notoriamente machista era difícil". Sinala que cría que podía prexudicarlle a súa condición sexual na súa carreira política, polo que mantivo a súa vida persoal en privado, ata que tivo o apoio para demostrar quen era realmente.

Ruth Davidson, líder do partido Conservador escocés, defínese tamén como "abertamente homosexual". Con todo, explica en The Guardian que sempre pensou que casaría de branco cun home e durante moito tempo loitou contra o que sentía, polas súas fortes conviccións relixiosas, que lle dificultaron o aceptar a súa condición sexual; ata que chegou un punto no que se plantou. Desde 2011 asumiu o liderado do partido conservador escocés e actualmente vive coa súa parella, a irlandesa Jen Wilson.

David Coburn, líder do Ukip escocés, a pesar de ser gay é contrario ao matrimonio entre persoas do mesmo sexo. Non é o primeiro no seu partido en declararse homosexual, xa que Nikki Sinclaire anunciouno previamente á súa chegada.

Por último, Patrick Harvie, quen dirixe o Partido Verde Escocés, defínese como bisexual. Participou activamente en campañas a favor da adopción de parellas do mesmo sexo e do matrimonio homosexual.

Laura Abad Álvarez, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-04-2016 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal