Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Morto, arrefriado e volto á vida”
Ningunha muller, ningunha, está tan feliz como Mari Carmen Domínguez de oír os ronquidos do seu marido. «Si é que continuamos casados, porque isto é ata que a morte nos separe», di Manuel Doval, o seu esposo, que morreu o pasado 21 de outubro, aos 52 anos. Agora, resucitado, chanceando sobre o seu estado civil, cóntao coma se tal cousa.

Efectivamente, Manuel morreu, de madrugada, en Pontevedra, hai pouco máis de cinco meses e medio. Un infarto fulminante cun trombo traizoeiro sorprendeulle ao levantarse, sobre as seis da mañá. Dez minutos de reanimación a mans da súa muller e a súa filla instruídas alén do teléfono, trinta e cinco minutos máis a mans dos sanitarios, tres descargas de desfibrilación regulamentarias durante a manobra e outras máis, extras, ata un total de seis. Despois, morreu. E resucitou cun ronquido.

Antía Álvarez Ferro, 2º de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-04-2016 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal