Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

«O tempo das mareas» rescata a Galicia que María Casares levou para o exilio
«Foi nos territorios do concello de Oleiros onde María Casares estableceu de xeito definitivo os seus vencellos fundadores coa natureza galega, coa pedra e co océano, coa terra e o vento, coa Galicia primordial». Isto escribe, nun capítulo que titula O paraíso en Bastiagueiro, a doutora en literatura francesa e escritora María Lopo no seu novo libro, O tempo das mareas (Consello da Cultura Galega), sobre a actriz.

O volume presentouse onte na casa museo Casares Quiroga da Coruña, onde ademais da autora estiveron Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; o escritor Manuel Rivas e o alcalde da cidade, Xulio Ferreiro. María Lopo insiste no texto: «As páxinas máis fermosas que nas súas memorias escribiu sobre Galicia son, sen dúbida, aquelas en que comunica a súa vivencia dunha infancia libre na natureza».

En canto ao título do libro, «sae das memorias de María Casares. Para ela o tempo das mareas é o da seguridade, o tempo demorado, lento, de harmonía coa natureza». Na obra, o que fixo Lopo «foi seguir a vida dela e ver todo o que hai de Galicia nela, que é moito». Con iso concorda Villares na presentación do texto: «A pertenza de María Casares á cultura galega é algo que está constantemente presente nos seus escritos e na súa correspondencia epistolar, cos seus amigos de infancia e mesmo co seu pai». Para Villares, «esa orixe galega guía a súa propia biografía e, alén diso, imponlle un ?deber de memoria? para construír un relato autobiográfico que, como herdeira consciente de ser fin de estirpe, se alonga ata os seus devanceiros paternos e maternos».


Patricia González, 2º Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal