Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POEMAS E DEBUXOS PARA AXUDAR AOS REFUXIADOS
Da imaxinación de Xosé Poldrás e Alicia López naceu o proxecto 'Luvas Negras', un cartafol con poemas e gravados de edición limitada cuxos fondos irán totalmente destinados a Médicos Sen Fronteiras para financiar o labor que están a levar a cabo na crise de refuxiados.
A escritora Alicia López explicou que os personaxes que compoñen Luvas Negras "son personaxes propios que xa saíron nunha novela", que se chama O colo do diaño que publicou en Alemaña, e que "son tan amplos e están tan enraizados" na súa propia vida que pensa que "van crecendo" a medida que o fai ela tamén: "Á parte de formar parte da miña obra narrativa, pareceume ben traelos á miña obra poética e o que fixen é transformalos, unir cada un deles a un ser mitolóXico grego", comentou.
Xosé Poldras, encargado do deseño e os gravados, destaca que o que tenta con este traballo é transmitir "algo que se vai a diluír na mirada de cada un" e que non "ilustrou" os personaxes de Alicia, senón que máis ben lles fixo unha "chiscadela aos poemas a través das imaxes".
O proxecto presentouse este xoves en Santiago coa presenza de María Díez, delegada da Médicos sen Fronteiras en Galicia. "Este tipo de iniciativas son importantes por unha banda pola recadación económica que se poida conseguir para seguir traballando alí onde consideramos que máis nos necesitan, e doutra banda porque tamén é unha nova vía de poder alzar a voz e poder falar deses millóns de persoas que están atrapados en conflitos armados ou que están a sufrir violencia ou réximes ditatoriais", dixo no acto. Tamén sinalou que "esta crise de refuxiados está a converterse nunha emerxencia humanitaria" e que "é indignante o número de persoal e recursos que una ONG de acción humanitaria como é Médicos Sen Fronteiras tivo que pór en marcha na propia Unión Europea, e a verdade é que é a primeira vez que pasa isto na historia da organización que ten máis de 40 anos".
Para adquirir unha destas 50 obras de edición limitada, á venda cada unha por 100 euros, é necesario porse en contacto con algún dos artistas ou coa delegada de MSF en Santiago.


Xeila Crespo, 2º Bach.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Outstanding. #blgtk08#George Playa
Comentario por George Playa (19-04-2016 09:42)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal