Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Malasaña é lenzo.
En Malasaña todo é gris. As súas fachadas e os seus lastrados reflicten en moitos casos un desgaste e una deixadez que non sintoniza cun barrio que, para moitos, é o caldo de cultivo das tendencias, inquietudes e modernidades da capital.


Este foi o punto de partida do colectivo artístico Madrid Street Art Project e o diario do barrio para reunir a un centear de artistas que, spray en man, van colorear un trozo do distrito centro este domingo. Xa sexa polo tirón que ten o barrio oficialmente chamado Maravillas ou polo tentador da proposta, a rección foi masiva. Os organizadores recibiron solicitudes de 814 artistas de toda España e o estranxeiro, aínda que tiveron que cinguirse apouco máis de 100. “Hai grafiteiros, claro, pero tamén moitos outros artistas que sairán por primeira vez dos seus estudios atraídos polo reto de pintar na rúa á vista de todos”, conta Antonio Pérez, xornalista de “Somos Malasaña”.


Non é a primeira vez que organizan algo así. Fixérono en 2011 con outro nome, e a súa idea é aumentar a frecuencia até que se convirta nun evento idiosincrásico do barrio. “Fai cinco anos algún comercios se amosaron reticentes a que lles pintaran as súas persianas metálicas. Pero saiu tan ben que esta vez contamos co apoio sen condicións da asociación Vive Malasaña, a de hosteleiras e tamén a de vecinos ACIBU, ademáis da Junta Municipal de Centro del Ayuntamiento de Madrid” di Pérez.



Avisa de que esta edición non se vai limitar á pintura de rúa, senon que tamén dará cabida a todo o que envolve esta cultura. “Haberá dj polo día na praza Dous de Maio e talleres de pintura para os máis pequenos”. O soporte maioritario serán s peches metálicos dos comercios, pero tamén algún escaparates e fiestras e un par de muros nas rúas A Palme e Espíritu Santo. “Esto é o máis complicado, porque a mayoría das fachadas de Malasaña están protexidas” di Pérez. Permitiránse tamén algunas novidades, como o grafitti audiovisual que se fará na persiana da tenda Casa Quiroga: Os viandantes poderán tocalo e reaccionar coa luz e o son.



O domingo veremos en acción aos grafiteiros de manual, pero tamén a artistas que nunca saíran do lenzo. É o caso de Angulo, premio Rodríguez Acosta, que intervirá na fiestra do Madklyn, un dos poucos bares roqueiros que quedan en Malasaña. “Estou acostumada a usar o spray nas miñas obras, pero nunca o fixera fóra do meu estudo, teño moita curiosidade polo resultado”.



Pinta Malasaña agrupa a artistas de diferentes orixes cun obxectivo común: darlle vida ao espazo público do barrio. “Cando o fixemos en 2011 vimos situación inéditas”, din os organizadores: “Un grafitero plasma o seu debuxo sobre una persiana mentres un pintor de estudo facía o propio ao seu lado. Ambos dábanse consello e medraban as súas respectivas obras” Este é, básicamente, o espírito da iniciativa.






Candela Fernández del Pon, 4ºB.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal