Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

8 de cada 10 fogares de Galiza non reside xa ningún menor de 16 anos.
No 77% do total de fogares de Galiza non reside ningunha persoa menor de 16 anos. Estamos a falar, segundo o Instituto galego de estatística, de máis de 818.000 fogares no conxunto de Galiza. Un dato que amosa o devalar poboacional da nosa autonomía, onde a queda en nacementos e a emigración selan un futuro máis que preocupante.

A porcentaxe máis alta de fogares sen persoas menores de 16 anos dáse na provincia de Ourense (81,41%) e a máis baixa en Pontevedra (74,02%). Se analizamos os fogares onde non reside ningún neno de 5 anos ou menos, a porcentaxe elévase até o 91,3% dos fogares do noso país.

Das sete grandes cidades, Vigo é a que presenta unha maior porcentaxe de fogares formados por unha parella con fillos (un 37,81%). Ferrol, pola contra, é a que ten unha maior porcentaxe de fogares con maiores de 65 anos: o 26,54%. O que supón que máis dun de cada catro fogares ferroláns está composto por maiores.
A finais de 2014 existían en Galiza 1.060.976 fogares, dos cales o 20,97% correspondían a persoas que vivían soas. A tipoloxía máis habitual é a formada por unha parella con fillos (32,97% do total de fogares).




Fernando Rodríguez Sousa, 4ºB.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-04-2016 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Nice. Cor#blgtk08#tez Door
Comentario por Cortez Door (04-05-2016 22:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal