Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Santiago ten 47 quilómetros de estrada de gran risco con sete mortos en tres anos
Catro dos cen tramos de estrada con maior risco de toda España están na área de Santiago. Nestes 47,4 quilómetros de vías nacionais producíronse en tres anos 26 accidentes graves con sete mortos e outros 22 feridos, segundo o informe do 2015 do Real Automóbil Club de España (RACE), que analiza o período entre o 2012 e o 2014.

O peor destes catro tramos de risco está na N-547, entre Boente (Arzúa) e o centro urbano de Melide. O RACE sitúa este traxecto de 7,5 quilómetros como o sétimo de maior perigo de todo o Estado. Entre o 2012 e o 2014 houbo catro accidentes graves con outros tantos feridos de consideración. Son menos que noutros períodos e non houbo falecidos, o que pon de manifesto que as medidas tomadas, como a prohibición de adiantar en zonas nas que antes se permitía, están fornecendo o efecto desexado. Con todo, o índice de risco seguiu incrementándose nos últimos anos. No 2013 tiña nivel laranxa e nos seguintes pasou a negro, o máximo.

No posto 18 e tamén en nivel negro de risco -maior que no 2013 e o 2014, ambos con nivel vermello- están os 13,9 quilómetros da N-634 que separan Ponche Carreira (Frades) de Sesmonde (Vilasantar). Aquí houbo oito accidentes importantes con dous mortos e sete feridos graves.

Nos 10,1 quilómetros da N-550 (A Coruña-Tui) entre Ordes e Mesón do Vento houbo oito accidentes graves, con dous mortos e seis feridos. Este é o único dos catro tramos que viu reducida o seu perigo, aínda que segue ocupando o posto 37 no ránking. No 2013 tiña nivel negro e agora só vermello.

No posto 75 dos tramos de maior risco de España está o que separa a rotonda da ligazón da autovía A-54 en Lavacolla co final da zona urbana de Ferreiros, no Pino. Estes 15,9 quilómetros tamén están situados na N-547, a estrada que une Santiago con Lugo. Neses tres anos rexistráronse seis accidentes graves nos que houbo tres mortos e outros cinco feridos de gran consideración. Neste punto o nivel de perigo, que baixou de vermello a laranxa no 2014 con respecto ao ano anterior, volveu incrementarse no 2015, escalando novamente ao nivel vermello.

Lucía Vázquez Nóvoa, 1º B de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal