Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Viaxe a Lisboa
A viaxe comezou o martes 29 de marzo cando, ás 8.00, os alumnos de 1º de bacharelato e 4º da E.S.O esperabamos, aínda que un pouco durmidos, a saída do autobús cara ao noso destino. Ese mesmo día chegamos a Porto onde tivemos unha fantástica guía, Antonia, que nos ensinou a cidade. Pola noite, ao chegar ao hotel “Costa da Caparica” decidimos dar unha volta aos arredores e baixar a praia a tocar a auga, despois diso, todo o mundo a durmir. A mañá seguinte, mércores 30, tivemos un tour guiado por Lisboa coa compañía de Mercedes, que nos mostrou a capital portuguesa dun xeito moito máis ameno. Visitamos a Torre de Belem, o Mosteiro dos Jerónimos e o Monumento aos Descobrimentos. Despois de xantar visitamos o Barrio Alto, lugar cheo de restaurantes e bares, é dicir, “o lugar da noite” en Lisboa. Este día tivemos a ocasión de probar os pasteis de Belem que son unha das especialidades máis características da pastelaría portuguesa. Xoves 31, levantámonos con forzas xa que é un día no que debemos camiñar, pola mañá visitamos o Palacio da Pena, que foi unha das residencias oficiais dos Reis de Portugal durante o século XIX. Atópase na cidade de Sintra, e foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 1985. No ano 2007 foi incluído na lista das sete marabillas de Portugal por votación popular. Quedei verdadeiramente impresionada con este palacio e coas vistas que había desde alí arriba e foi un dous meus lugares preferidos. Xantamos no hotel e pola tarde continuamos a visita por Lisboa, onde tivemos unha hora para pasear e comprar por alí. Venres 1, visitamos o Oceanário de Lisboa, que é o segundo acuario máis grande de Europa, por detrás do de Valencia. No seu hábitat coexisten máis de 15.000 seres vivos de máis de 450 especies diferentes.

Pola tarde visitamos estoril e cascais onde, debido ao bo tempo que nos acompañaba decidimos baixar a praia aínda que só os máis valentes metéronse na auga, mentres os demais tomaban o sol ou gozaban dun partido de fútbol preto do mar. E como todo o bo remata, chegou o último día, sábado 2. Almorzamos cedo e saímos cara Ourense parando en Óbidos, onde se estaba a celebrar o festival do chocolate polo que puidemos deixar Portugal cun bo sabor de boca. Máis tarde fixemos a derradeira parada en Coímbra para xantar e visitar a cidade. Chegamos a Ourense cansados pero contentos e con moitas cousas que contar, foi unha viaxe que serviu para coñecernos mellor entre nós e para coller esta terceira avaliación con moitas máis ganas.

Antía Ramos Gallego, 1º A de Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 10-04-2016 21:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Foi unha viaxe de plena descoberta da Lusofonia e Lusitania en todo o seu esplendor. Demostrouse diante da adolescencia que as barreiras entre o portugués e o galego non existen. Demostrouse o noso grao de parentesco próximo entre o pobo galego e o luso. Demostrouse que se pode un div#blgtk08#ertir, mesmo aburrirse que a todo se aprende, sen a necesidade de perverter o concepto cultura e aprendizaxe aventureira co concepto vicio e libertinaxe. Uns días que deron para convivirmos en paz coa historia e coa arte ben entendida sen esquecernos do ameno e do goce en si propio.
Comentario por Master and Co (17-04-2016 12:31)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal