Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia, a única autonomía onde baixan os accidentes leves de tráfico
Os golpes de chapa de coches froito de accidentes leves de tráfico aumentaron nun 3,3% o ano pasado respecto de 2014 nas cidades españolas, ao rexistrarse 1,7 millóns de accidentes leves, segundo os datos recolleitos por Tecnoloxías da Información e Redes para as Entidades Aseguradoras (Tirea). Esta tendencia seguiuse en todas as comunidades salvo en Galicia, onde descendeu a sinistralidade menos grave. En concreto, nun 1,3% ata os 113.589 accidentes actuais. En números absolutos, a comunidade galega sitúase, con todo, no quinto posto por detrás das autonomías españolas con máis poboación como Andalucía, Cataluña, Madrid e Comunidade Valenciana.

O dato de 1,7 accidentes leves do pasado exercicio tradúcese en 3.844 sinistros por cada 100.000 habitantes, unha cociente que tamén superou a comunidade galega con 4.157 casos xunto con Cantabria (4.924), Baleares (4.827), Canarias (4.223), Andalucía (4.177), e Estremadura (3.846), comunidades nas que o uso do automóbil adoita ser máis intenso pola dispersión da poboación. Aragón é a comunidade na que houbo menos golpes de chapa en termos proporcionais, apenas 2.942 sinistros por cada 100.000 habitantes, aínda que é nesta autonomía na que máis se incrementaron os accidentes leves, con 7,8% máis.

Sara Fernández, 1º A de Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 28-02-2016 21:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal